Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Presentación do documental «Arzúa Sabe»

Presentación do documental "Arzúa Sabe"
O próximo sábado, día 20 de xaneiro ás 18:00 h. terá lugar no Multiúsos a presentación do documental titulado «ARZÚA SABE», sobre a industria e a actividade económica no Concello de Arzúa. Nesta presentación intervirán o alcalde de Arzúa; Jose Luís García López e o presidente da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa; Jose Alfonso Gómez Corzo. Tamén poderemos escoitar a ponencia «Emprendemento e desenvolvemento rural» de Jose Manuel Andrade Calvo, director da Funcación Juana de Vega e profesor da UDC.
No acto poderemos visualizar este proxecto audiovisual producido por Xurdir en colaboración co Concello de Arzúa e con moitas empresas locais, que serán as verdadeiras protagonistas desta historia. Un documental que trata de dar a coñecer a actividade económica de Arzúa e de poñer en valor o noso tecido empresarial.
Tras a proxección haberá unha degustación de produtos da terra regado cos mellores caldos galegos.
A entrada é libre ata completar aforo. Prégase confirmar asistencia no 673 848 593 / 629 350 143 ou por email: info@xurdir.com, ata o xoves 18 de xaneiro.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email