O Concello de Arzúa recupera a súa Liga Local de Fútbol Sala como parte do seu compromiso de fomentar o deporte e as alternativas de ocio saudables
Arzúa, 22 de marzo de 2024 – O Concello de Arzúa anuncia a recuperación da súa Liga Local de Fútbol Sala. A primeira xornada terá lugar este luns 25 de marzo no pavillón Cruceiro de Sta Maria. Este evento marca un momento significativo para a comunidade de Arzúa, xa que simboliza o firme compromiso do Concello coa promoción do deporte e alternativas de ocio saudabels para todos os seus habitantes.
Nesta primeira xornada emocionante, os asistentes terán o privilexio de apoiar aos seguintes equipos, que representan o espírito deportivo e comunitario de Arzúa:
Cafe Bar Pedrito
Domingueros
Spartak de Minipí
La Bodega de José
Imprenta Ayude
Durocho
O acceso ao pavillón e a presenza nos partidos son completamente gratuítos, co obxectivo de incentivar a participación comunitaria e o apoio aos equipos locais. Esta é unha gran oportunidade para as familias, amigos e afeccionados ao deporte de xuntarse e compartir unha tarde de diversión, deportividade e compañeirismo.
«Recuperamos a nosa Liga Local de Fútbol Sala como parte do noso compromiso co deporte e coa creación de alternativas de ocio saudables e accesibles para a nosa veciñanza. Queremos fomentar o espírito deportivo e o compañeirismo entre todas as arzuás e arzuáns,» dixo o Alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril.
Animamos a toda a comunidade a xuntarse neste evento deportivo e a participar activamente en apoiar aos seus equipos.
Todos os luns a mesma hora e no mesmo lugar, os seis equipos que forman está Liga de Fútbol Sala enfrontaranse entre eles ata completar as dúas voltas.
Unídevos a nós para vivir o mellor do fútbol sala e apoiar o deporte local!