Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

O Concello de Arzúa ofrece este mes a segunda das excursións do programa Coñece o teu país

cervo

O Departamento de Cultura informa que o Concello de Arzúa ofrece para este mes a segunda das excursións do programa Coñece o teu país deste ano. Un ano máis, de maneira totalmente gratuíta, os veciños e veciñas poden realizar catro novas excursións ás catro provincias galegas.

Despois de coñecer máis de preto o municipio coruñés de Dumbría no pasado mes de xuño, a segunda viaxe será o vindeiro sábado día 27 de xullo ao concello de Cervo, na provincia de Lugo.

Nesta xornada os participantes achegaranse a este concello da Mariña Lucense para visitar a fábrica de cerámica de Sargadelos e para xantar e darse un baño no núcleo de San Cibrao.

Segundo se indica dende o Departamento de Cultura, todas as persoas interesadas en participar no programa deben achegarse persoalmente ao Departamento de Cultura, podendo anotar como máximo a un acompañante por cada solicitante. As prazas dispoñibles iranse cubrindo por orde de inscrición, sendo as mesmas limitadas.

Todas aquelas persoas que desexen apuntarse á viaxe organizada para o vindeiro 27 de xullo a Cervo, poden facelo a partir do vindeiro mércores, 17 de xullo, no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa entre as 8:30 e as 15:00 horas.

Lembren que o a oficina do Departamento de Cultura está situada no edificio sociocultural María Mariño, na rúa Pai Pardo nº 33, no 1º andar (ao carón de Radio Arzúa).

As dúas excursións restantes serán en agosto, o sábado 24 á provincia de Pontevedra para coñecer o municipio de Barro e xa para rematar este ano, realizarase unha saída á comarca de Monterrei da provincia ourensá o sábado 28 de setembro.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia