Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello de Arzúa e Naturgy avanzan nas negociacións para a cesión dos terreos de Portodemouros

Xoán Xesús Carril, Alcalde de Arzúa, mantivo unha reunión O Concello de Arzúa e Naturgy avanzan nas negociacións para a cesión dos terreos de Portodemouros con representantes de Naturgy para abordar a cesión dos terreos de Portodemouros. Unha reunión que simboliza o primeiro paso para o avance de un proxecto máis ambicioso que busca transformar e dinamizar esta área convertindo o actual espazo en desuso nun centro de actividades deportivas e recreativas.

Neste encontro, que contou coa presenza da concelleira de Turismo, Begoña Balado; Jose Angel Calvo Faraldo, responsable de Concesiones, Presas y Obra Civil; e Pilar Luque García, Directora de Generación Hidráulica por parte de Naturgy, explorouse a viabilidade de colaborar no desenvolvemento sustentable da zona. O diálogo foi positivo e centrado na posible habilitación de Portodemouros como unha área de ocio, que incluiría a recuperación de eventos deportivos e a creación de novas oportunidades para o turismo e o lecer local.

Durante a reunión, o Alcalde Xoán Xesús Carril destacou a importancia de equilibrar o desenvolvemento económico coa protección ambiental, afirmando: » Esta semana, reunímonos con Naturgy e poñemos sobre a mesa un proxecto que é respectuoso co medioambiente e que pretende dinamizar a economía da comarca sendo respetuosos co medio ambiente. Non renunciamos a xerar riqueza e emprego, nós temos un proxecto para Portodemouros que sabemos que funciona e que dinamizará a nosa economía sen poñer en risco a nosa forma de vida. ”

Por parte de Naturgy, Pilar Luque García expresou a disposición da empresa para traballar conxuntamente co Concello de Arzúa, destacando: «Naturgy está plenamente comprometida co desenvolvemento da contorna na que operamos, procurando sempre que a explotación dos recursos hidroeléctricos sexa compatible co benestar da veciñanza. Estamos dispostos a traballar nun convenio de cesión  de diversos elementos patrimoniais que poidan ter un uso que beneficie directamente á vida na comarca»

A iniciativa de recuperar Portodemouros alinéase cos esforzos de conservación ambiental do concello, e promete ser un motor de crecemento económico, atraendo visitantes e mellorando a calidade de vida dos habitantes da comarca. A través desta colaboración con Naturgy, o Concello de Arzúa busca establecer un exemplo de como é posible xerar desenvolvemento económico ao tempo que se preservan e potencian os recursos naturais do pais.

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email