Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello de Arzúa abre prazo de inscrición no “Obradoiro de nadal: este ano pido igualdade”.

O Concello de Arzúa abre prazo de inscrición no “Obradoiro de nadal: este ano pido igualdade”.

O Concello de Arzúa organiza o “OBRADOIRO DE NADAL: ESTE ANO PIDO IGUALDADE”, que se realizará entre o 26 e o 30 de decembro en horario de 10:00 a 14:00.
Neste programa, dirixido a crianzas nadas entre 2012 e 2018, ambos inclusive, realizaranse diversas actividades relacionadas co nadal como, por exemplo, a realización dun árbol con materiais naturais, a creación de postais navideñas e de decoracións mediante materiais reciclados, entre outras.
Ademais, realizaranse diversas actividades baseadas no fomento dunha educación en igualdade e dinámicas para o manexo do estrés e do enfado cara o fomento dunha comunicación non violenta, entre outras.
Os obxectivos do obradoiro son:
• Desenvolver a creatividade das crianzas e fomentar as súas capacidades artísticas e intelectuais.
• Ampliar o círculo social das crianzas descrubrindo novas actividades.
• Reflexionar sobre as desigualdades de xénero dunha forma lúdica.
• Desenvolver nas crianzas a súa capacidade para adquirir habilidades na resolución pacífica de conflitos e para comprender e respectar a igualdade entre sexos.
As crianzas participantes no obradoiros serán nados entre 2012 e 2018, ámbolos dous incluídos, e deberán estar matriculados en educación Infantil ou Primaria.
O obradoiro conta con prazas limitadas (25), polo que se establecen as bases que se anexan para a selección de participantes.
Para máis información pode acudir ao Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa (Rúa Santiago, 2) ou chamar ao 981 501 101.
As prazas son limitadas e o prazo para inscribirse, preferiblemente a través da sede electrónica, remata o 15 de decembro.

DESCARGAR BASES

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email