O pregón terá lugar o sábado 28 de febreiro, na inauguración oficial, ás 13h no recinto feiral de ‘Terra do Queixo’ de Arzúa.
NACHO MIRÁS FOLE (Vigo, 1971), é xornalista de La Voz de Galicia, autor da sección de entrevistas na súa contraportada ‘La Cara B’, especializada en entrevistas e reportaxes. Ademais, é profesor de Xornalismo na Universidade de Santiago, músico e autor do blog www.rabudo.com que, con 800.000 visitas converteuse nun referente da blogosfera galega. Nesta bitácora, reconvertida en memoria sanitaria, conta desde hai máis dun ano a súa loita contra unha enfermidade aínda tabú como é o cancro, empregando como armas a retranca e o humor.
O seu diario foi editado por Paidós-Grupo Planeta en papel baixo o título «El mejor peor momento de mi vida, unha historia chea de humor e tenrura de alguén que non se rende e que tenta ser inspiración e exemplo dunha actitude vital que se sobrepón a todo por amor á vida e por amor aos seus. Ten participado como poñente en congresos como a última edición do encontro da Sociedad Española de Oncología Médica (Seom) (Madrid, 2014) o Biospain 2014 (Santiago de Compostela).
Entre outros, conta con estes recoñecementos
• Premio Dereitos Humanos 2014 outorgado polo Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.
• ‘Premio 20Blogs’ 2014 ao mellor blog persoal de España no certame promovido por ’20 minutos’, no que participaron 6700 blogs en vinte categorías.
• Mención especial nos Premios Galegos do Social Media MexilOnseTuits 2014
• Premio Honorífico dos alumnos de Xornalismo e Comunicación Audiovisual na Gala XorCav 2014, Univ. de Santiago
• Premio Galicia de Comunicación 2006 ao mellor labor prensa escrita.
• Mención especial do xurado no Premio Nacional de Periodismo Manuel Alcántara 2007.
• Premio Nacional Círculo de Lectores de Micronarrativa 2011.
• Accésit V Premio de Periodismo CHUAC 2012.