Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Lista de crianzas admitidas en XOGARZÚA 2024 e período extraordinario de inscrición

Publicada a lista definitiva de crianzas admitidas no programa de conciliación XOGARZÚA 2024 e as listas de reserva en cada quenda.

Ante a existencia de 28 prazas vacantes na quenda 1 (do 25 ao 28 de xuño) e de 11 prazas vacantes na quenda 8 (do 12 ao 16 de agosto), ábrese un novo prazo extraordinario de inscricións para a cobertura de ditas prazas ata o xoves 13 de xuño de 2024.

No caso de ter presentado solicitude no período ordinario soamente se deberá presentar o Anexo I de solicitude extraordinaria.

No caso de non ter presentado solicitude no período ordinario se deberá presentar a seguinte documentación:

Documentación básica a presentar:

  • Anexo I de solicitude extraordinaria.
  • Fotocopia do DNI/NIE da/s persoa/s solicitante/s (nai e/ou pai).
  • Fotocopia do libro de familia.

Documentación a presentar segundo circunstancias sociofamiliares:

  • No caso de familia monoparental, copia do certificado de familia monopartental emitido pola Xunta de Galicia ou xustificante de ter presentado a solicitude e a documentación presentada.
  • No caso de familia numerosa, copia do título de familia numerosa.
  • No caso de unidades familiares en que existan outras cargas relacionadas cos coidados: resolución de discapacidade con necesidade de terceira persoa, resolución de dependencia ou informe de servizos socias que acredita dita situación.
  • No caso de vítima de violencia de xénero informe do Centro de Información ás Mulleres.
  • No caso de ter algún tipo de alerxia, enfermidade ou afección de saúde, deberá achegar o informe médico onde conste a diagnose e as actuación previas ou posteriores a ter en conta. Se non se achegan, entenderase que non existen.

Neste prazo extraordinario o criterio de selección será o de orde de inscrición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email