Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Exposición Colectiva de Artistas Locais. Do 6 ao 15 de xuño.

Cartel EXPO COLECTIVA xuño 2014 - Concello de Arzúa

Artistas locais de Arzúa protagonizan unha exposición colectiva na Capela da Madanela

 

Unha exposición colectiva con obras de artistas locais ocupará durante os vindeiros días o incomparable marco da Capela da Madanela en Arzúa. O Departamento de Cultura do Concello é o encargado de botar a andar esta nova iniciativa que se presenta como unha oportunidade única para que os artistas do noso pobo amosen o mellor das súas creacións.

Alí estarán presentes Anxo Orois, Magaga, Alejandro Vidal, MªJosé Plata, Manuel Suárez, Elisardo e Jesús Manuel Oubel, Andrea Birsanu, Rebeca Novo, Luis Manuel Souto, MªCarmen Sanmartín, Marisa Gil, Oliva Cea e Mª Teresa Camino.   

A mostra amosará os traballos destes catorce veciños e veciñas que se adican, de xeito afeccionado ou profesional, a distintas disciplinas artísticas como pintura, debuxo ou fotografía; moitos deles realizan obras feitas a man en madeira. Como artista convidado, tamén participará o escultor Óscar Aldonza  presentando a colección de esculturas ‘Materia Metamorfosis’, unha mostra de esculturas  de última factura, realizadas en bronce e madeira e coordinada por Cristina Carballedo.

Oscar Aldonza é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Sevilla na especialidade de escultura. Na actualidade  combina a súa traxectoría expositiva coa docencia, xa que é profesor de escultura e deseño no EASD Mestre Mateo en Santiago de Compostela. Participa desde o ano 1998 en distintas exposiciones individuais e colectivas. Tamén é autor de numerosos monumentos publicos sendo o último ‘Armilar 2014’ ubicado no parque das Ciencias en Santiago de Compostela.

  • Na inauguración, que se celebrará este venres día 6 ás oito e media da tarde, contarase coa actuación musical da solista local Aldara Gómez. A mostra poderase visitar ata o día 15 deste mes en horario de sete a nove do serán.

O alcalde, José Luís García, quere agradecer públicamente a colaboración de todos estes artistas na iniciativa promovida dende o departamento de Cultura e convida a todos os veciños e veciñas a ser partícipes desta acto que “se presenta como unha alternativa cultural máis no noso concello e como posta en valor dos nosos artistas máis próximos que queren amosar a súa valía e o mellor dos seus traballos”.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia