Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Exposición «Coa semántica na arte» de Seijas. Do 20 ao 30 de xullo na Capela da Madanela

Exposición "Coa semántica na arte" de Seijas. Do 20 ao 30 de xullo na Capela da Madanela

A Capela da Madanela acolle a exposición Coa semántica na arte

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que mañá, venres 20 de xullo, ás 19:00 horas terá lugar na Capela da Madanela en Arzúa, a inauguración da exposición Coa semántica na Arte de Seijas. Esta exposición organizada dentro da programación municipal de verán, poderá visitarse ata o 30 de xullo na Capela da Madanela. Trátase dunha colección de pinturas e esculturas do artista Faustino Seijas.
Este artista, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona, está especializado na abstracción con técnicas mixtas e formatos medios e grandes. A súa obra é moderna, conceptual e de forte contido semántico. Durante anos compaxinou a sua labor docente coa traxectoria artística, presentándose a súa obra recentemente na Casa Museo María Pita e no Clun financieiro da Coruña.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email