Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Día do Libro 2020

Día do Libro 2020

O Concello de Arzúa conmemora o Día do Libro cunha nova actividade online

 

O Departamento de Cultura organiza un contacontos a cargo da ilustradora local María José Plata.

 

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para esta xoves, día 23 de abril, unha nova actividade online para conmemorar o Día do Libro.

A situación de confinamento á que debemos facer fronte nestes días fai que esta xornada se teña que celebrar a través da internet, o que fixo xurdir esta iniciativa mediante a que o Concello de Arzúa ofrecerá o conto “La familia de estorninos” contado pola propia autora e ilustradora María José Plata.

María José leva moitos anos afincada en Arzúa. Formouse en ilustración e álbum ilustrado e tamén asistiu a talleres con diferentes profesores, entre eles William Grellas, Joanna Concello e Madalena Matoso. As súas especialidades son acuarela e lapis de cores, técnicas tradicionais que combina coa mestura dixital para plasmar, sobre todo, o mundo natural.

No pasado mes de novembro de 2019 publicou o conto ilustrado “La familia de estorninos” e este será o traballo que ela mesma nos contará o vindeiro xoves ás 19:00h na páxina de Facebook Cultura Concello de Arzúa.

Esta actividade está dirixida aos nenos e nenas, aínda que tamén se pode desfrutar en familia.

A concelleira de Cultura, Aurora Varela, anima á veciñanza a participar nesta actividade “coa que se pretende entreter estes tempos de illamento especialmente aos máis pequenos e pequenas da casa que se están a portar moi ben, sen esquecer o ánimo de fomentar a lectura e seguir achegando a cultura a todos os nosos fogares”.

Aurora Varela aproveitaba a ocasión para agradecer a María José Plata a súa disposición e colaboración nesta actividade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email