Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

CURSO GRATUITO DE COMPETENCIAS DIXITAIS

O Concello de Arzúa acollerá una nova edición do programa «Muller Rural Dixital”.

O Concello de Arzúa, a través do seu Centro de Información ás Mulleres, acollerá unha nova edición do programa “Muller Rural Dixital”, que ten por obxectivo formar a mulleres desempregadas ou en mellora de emprego en accións formativas para a adquisición de competencias dixitais.

O Programa, financiado pola Unión Europea, no Marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, procura a mellora das capacidades dixitais das persoas desempregadas para impulsar o emprendemento e o desenvolvemento rural e reducir a fenda de xénero.

Os contidos dos cursos, que poderán ser de competencias dixitais básicas, avanzadas e de iniciación as competencias dixitais para o emprendemento, atenden ás competencias dixitais recollidas no Marco Europeo de Competencias dixitais para a Cidadanía, e se dividen en 5 áreas:

  • Información. Navegación, procura e filtrado de información.
  • Comunicación. Interacción a través de tecnoloxías.
  • Creación de contidos. Desenvolvemento de contidos.
  • Protección de dispositivos.
  • Resolución de problemas.

O curso realizarase na Aula Cemit do Concello de Arzúa en horario de 10:00 a 14:00 e ten unha duración total de 120 horas no caso de completar os tres niveis de 40 horas cada un. Ao rematar o curso, outorgarase acreditación oficial e dotarase ás participantes dun terminal dixital; nesta caso, unha tablet con teclado externo.

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de solicitude. A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse nesta ligazón.

Para máis información poderase acudir ao Centro de Información ás Mulleres (Rúa Santiago, 2) ou chamar ao teléfono 981 501 101.

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email