Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Curso básico de lingua de signos en Arzúa

Curso básico de lingua de signos en Arzúa

A Concellaría de Cultura e Educación do Concello de Arzúa organiza un Curso básico de lingua de signos. A área de Educación dirixida pola concelleira Aurora Varela vai levar a cabo no noso municipio esta proposta formativa coa que se pretende adquirir vocabulario básico, coñecer as características da comunidade xorda e establecer un primeiro contacto e coñecemento básico da lingua de signos.
O curso vai dirixido a público mozo e adulto a partir dos 11 anos e algúns dos contidos que se impartirán son o alfabeto dactilolóxico, a familia, as cores, días da semana, os número ou obxetos básicos, entre outros.
A formación terá unha duración de 30 horas e levarase a cabo os luns de 17:30 a 19:30 no telecentro comezando o luns, día 13 de setembro. Ao remate entregarase un diploma de asistencia.
Para inscribirse ou solicitar máis información será necesario contactar co Departamento de Cultura no teléfono 981500222 ou no correo electrónico cultura@concellodearzua.com entre o 25 de agosto e o 3 de setembro. A inscrición é de balde e as prazas limitadas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email