Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Cruz Vermella Arzúa: Día Mundal da Saúde Mental

Cruz Vermella Arzúa: Día Mundal da Saúde Mental

Cruz Vermella chama á poboación a coidar a súa saúde mental e a do seu entorno.

10 de OUTUBRO – Día Mundial da Saúde Mental

Coa conmemoración do Día Mundial da Saúde Mental, que este ano leva o lema » A saúde mental, un dereito necesario. Mañá podes ser ti», Cruz Vermella fai un chamamento a tódalas persoas, xa que nestes tempos difíciles é importante coidar a vida e o benestar, con medidas concretas de carácter individual, pero tamén colectivas, que axuden a mellorar a nosa propia saúde mental e a das nosas amizades e familiares.

Cada persoa desempeña un papel diferente na sociedade, e por iso, é importante que todos e todas axudemos a quen se atopa afectado por un problema de saúde mental: como empregadores, débense adoptar medidas para establecer programas de benestar dos traballadores e traballadoras; como responsables das administracións públicas, débense crear compromisos para ampliar os servizos de saúde mental; e como medios de comunicación, é importante sensibilizar e explicar que máis se pode facer para que a atención á saúde mental sexa unha realidade para todas as persoas. Conscientes desta necesidade, Cruz Vermella lanzou en 2020 un servizo gratuíto «Cruz Vermella Te Escucha» (900 107 917) co que pon a disposición de toda a sociedade a atención psicosocial e psicolóxica que precisa.

Ata outubro deste ano 2021, este servizo atendeu case 8.000 consultas. O acceso limitado a unha atención de saúde mental de calidade e accesible,viuse minguado aínda máis debido á COVID- 19, xa que a pandemia perturbou os servizos de saúde de todo o mundo. Por iso, hoxe máis que nunca, é preciso atopar outros xeitos innovadores de prestar atención á saúde mental e poñer en marcha iniciativas para reforzar o apoio e o acompañamento psicosocial ás persoas que máis o precisan. Se non estás ben a nivel emocional, non estás soa, non estás só. Cruz Vermella Escóitate. Chama ao 900 107 917 para buscar axuda.

https://www2.cruzroja.es/web/cruzroja/-/10-de-octubre-dia-mundial-de-la-salud-mental
https://www2.cruzroja.es/web/ahora/-/cuidad-salud-mental-pedid-ayuda-profesional-referentes-sociales

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email