Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Cruz Vermella Arzúa: Campaña «Volta ao Cole Solidaria»

CRUZ VERMELLA ARZÚA

 CAMPAÑA VOLTA AO COLE SOLIDARIA

 

  • Nova edición da campaña “Volta ao cole” organizada por Cruz Vermella e Fundación Solidariedade Carrefour.

A volta ao cole é un quebradeiro de cabeza para moitas familias e unha preocupación para aquelas que pasan por dificultades económicas. Coa intención de minimizar o impacto na economía doméstica que supón a adquisición de material escolar no mes de setembro, a Fundación Solidariedade Carrefour e Cruz Vermella puxeron un ano máis en marcha esta iniciativa.

A primeira fase desta campaña traduciuse na recollida de lápices, bolígrafos, cadernos, rotuladores, gomas de borras, ceras de cores… nos diferentes hipermercados Carrefour de toda España. Esta actividade levouse a cabo durante a primeira fin de semana do mes de setembro. Sinalar que todo o material  recibido na asemblea de Cruz Vermella de Arzúa foi recollido nos centros Carrefour situados preto da cidade da Coruña. 

Unha vez que este material chegou a nosa localidade, os voluntarios de Cruz Vermella procederon a elaboración dos diferentes lotes de material escolar para ser entregado posteriormente ao redor duns corenta menores que se atopan en situación de vulnerabilidade. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email