Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Convocatoria de axudas para o fomento de actividades de carácter deportivo, cultural, educativo e festas parroquiais do Concello de Arzúa

Convocatoria de axudas para o fomento de actividades de carácter deportivo, cultural, educativo e festas parroquiais do Concello de Arzúa
O Concello de Arzúa informa que a Xunta de Goberno Local deste Concello aprobou as bases reguladoras da convocatoria ordinaria de subvencións para o fomento de actividades de carácter deportivo, cultural, educativo e festas parroquiais que ascenden a 57.300 euros. Poden optar a elas as entidades sen ánimo de lucro que estean debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e Entidades do Concello de Arzúa. Dita convocatoria saíu publicada no BOP número 105 de hoxe, martes 5 de xuño.
As bases xunto cos impresos de solicitude poderanse consultar e obter no Rexistro Xeral do Concello e na oficina de Cultura e Deportes sita no Edificio Sociocultural María Mariño, Rúa Padre Pardo, 33, 1º andar.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello no prazo de 30 días naturais contados dende o día seguinte o da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

DESCARGAS:
Bases e formularios cultura e educación
Bases e formularios deportes
Bases e formularios festas parroquais

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email