Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

COMUNICADO OFICIAL

COMUNICADO OFICIAL

Arzúa, 13 de xuño de 2024: O Concello de Arzúa quere manifestar a súa máis enérxica condena ante a recente noticia aparecida nos medios de comunicación sobre a sentenza de prisión dun home acusado de acosar e tentar reter mozas na nosa localidade. Este tipo de comportamentos son totalmente inaceptábeis e contrarios aos valores de igualdade, respecto e convivencia que promovemos no noso concello.

Desde o Concello de Arzúa, reafirmamos o noso compromiso na loita contra calquera forma de violencia machista e acoso, e situámonos inequívocamente do lado das vítimas de tales agresións.

Lembramos que o Centro de Información ás Mulleres (CIM) está dispoñible para ofrecer recursos e asistencia a todas as mulleres que o precisen. No CIM, atoparán un equipo de profesionais dispostas a escoitar, asesorar e acompañar en todo o proceso de denuncia e recuperación. Os servizos do CIM inclúen atención psicolóxica, asesoramento xurídico e acompañamento social, entre outros.

Reiteramos o noso apoio e solidaridade con todas as vítimas e animamos a toda a cidadanía a denunciar estas situacións de acoso e violencias machístas. Xuntas e xuntos construiremos unhan sociedade máis igualitaria, xusta e segura para todas.

Contacto do CIM de Arzúa:

Teléfono: 981 501 101

Enderezo: Rúa Santiago 2 15810 Arzúa (A Coruña)

Correo electrónico: cim@concellodearzua.com

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email