Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Chega a Arzúa a mostra Percorridos de Rebeca Novo

Chega a Arzúa a mostra Percorridos de Rebeca Novo

Trátase dunha exposición de pintura da artista local Rebeca Novo que permanecerá na Capela da Madanela ata o 20 de xullo dentro da programación cultural do verán.

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa da apertura dunha nova exposición dentro da programación cultural deste verán.

Este xoves, 27 de xuño, ás 19:30 h. terá lugar na Capela da Madanela o acto de inauguración da exposición Percorridos da artista local Rebeca Novo. Esta mostra forma parte da programación cultural do Concello de Arzúa e está comisariada por Cristina Carballedo. Poderá visitarse na Capela da Madanela ata o 20 de xullo, de martes a sábados en horario de 19:00 a 21:00h.

A artista arzúa é licenciada en Belas Artes no 2006 e dende ese momento comeza a expoñer de forma individual e colectiva en distintos espazos institucionais e privados. Ten participado no Salón Internacional de Sarria, na Casa Museo Casares Quiroga en A Coruña, na exposición Good Way na Fundación Exponav en Ferrol, no Mosteiro de San Martín Pinario en Santiago de Compostela, no Centro Cultural Lustres Rivas e participa nas distintas edicións de Bo camiño e Arte na Rúa na Capela da Madanela en Arzúa, entre outras.

Foi premiada en distintos concursos de carteis como o do San Froilán de Lugo no 2010, e tamén gañadora do concurso de carteis da Festa do Queixo 2003 e 2004.

Nesta exposición a artista recolle os traballos destes últimos anos, moitos deles inspirados no Camiño de Santiago. As obras de Rebeca Novo destacan pola súa perfección técnica e a súa sensibilidade, buscando a inspiración no entorno que representa con estilo propio.

O concelleiro de cultura, José Luís García, convida á veciñanza e visitantes a “arroupar á nosa veciña Receba Novo nesta nova proposta artística impulsada pola concellaría de cultura e que forma parte dun programa de exposicións que desde o pasado mes de abril xa supera as 1200 visitas e que continuará coas colectivas Bo Camiño en agosto e Arte na rúa no mes de setembro”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email