Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

CAMPAMENTOS DE VERÁN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2015

A Consellería de Traballo e Benestar convocan os CAMPAMENTOS DE VERÁN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2015.

Poden ser beneficiarios destas axudas aquelas persoas con discapacidade que teñan unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos de idade e que reunan os seguintes requisitos:
* Ter recoñecida unha discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%.
* Estar empadroado nalgún concello de Galicia.
* Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
* Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
* Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que solicita.

Os destinos ofertados son:
– Albergue Xuvenil de Gandario. Bergondo – A Coruña.
– Residencia de Tempo Libre Panxón. Nigrán – Pontevedra.

Para máis información pódense dirixir os SERVIZOS SOCIAS do Concello de Arzúa, previa cita, antes do día 10 de xuño de 2015.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia