Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Arzúa Vende: 1ª Feira de artigos de segunda man e artesanía

Arzúa Vende: 1ª Feira de artigos de segunda man e artesanía

O Concello de Arzúa organiza para o sábado dezanove de maio a primeira feira de artigos de segunda man e artesanía.

A cita levará o nome de “Arzúa Vende” e pretende convertirse nun marco de compra e venda no que tanto os veciños e veciñas de Arzúa e tamén xente de fóra poidan dar saída ou adquirir artigos de segunda man (como por exemplo mobles, libros, aparellos electrónicos, antigüidades, cd´s e todo o que se lles ocorra) ou obxectos de artesanía.

O horario será de once da mañá a oito do serán e realizarase no Recinto Feiral Terra do Queixo. Para poder vender é obrigatorio anotarse previamente no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ou chamando ao teléfono 981 500 222 antes do 11 de maio. Tanto a inscrición para os vendedores como a entrada para o público será totalmente gratuíta.

“Arzúa Vende” contará cunha programación paralela á exposición e venda que se dará a coñecer nas vindeiras semanas.

A Concelleira de Cultura, Natalia Pereira Rey, salientou a importancia desta iniciativa “que serve como unha boa oportunidade para vender ou mercar cousas útiles que o dono ou dona non necesita e para dar a coñecer os traballos artesanais que se elaboran no noso concello e fóra del” ademais destacou o carácter gratuíto da feira e o feito de que a organización controlará o estado e o prezo dos artigos.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia