Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa sortea 3000 € en 50 tarxetas regalo: 10 premios de 100 € e 40 premios de 50 €

Arzúa, 14 de decembro de 2023.

A Concellería de Promoción Económica de
Arzúa, dirixida por Begoña Balado, organiza a Campaña do Comercio Local Arzúa
o teu mellor agasallo de Nadal en colaboración co Centro Comercial Aberto de
Arzúa (AECA) e ABANCA. Trátase dun sorteo de 50 tarxetas regalo con 3000 € en
regalos no que pode participar calquera persoa maior de idade que compre nos
comercios e locais de restauración de Arzúa, durante o período da promoción.

Onte tivo lugar a presentación no Concello de Arzúa a cal asistiron a concelleiraBegoña Balado

Arzúa sortea 3000 € en 50 tarxetas regalo: 10 premios de 100 € e 40 premios de 50 € Uxío Villar, director da sucursal de ABANCA de Arzúa; Santiago Villanueva, técnico de turismo do Concello de Arzúa e Cristina Carril, técnica de AECA. Segundo Begoña Balado “é unha forma de dinamizar e poñer en valor o noso comercio local”.Poderán participar na campaña todas as persoas físicas maiores de idade, que compren calquera produto ou servizo nos comercios e locais de restauraciónincluídos dentro do Centro Comercial Aberto de Arzúa (AECA), a excepción dos supermercados, farmacias e gasolineiras, os cales quedan excluídos por ser servizos esenciais.
Os participantes deberán realizar compras superiores a 30€ en calquera
establecemento do Centro Comercial Aberto de Arzúa, excepto dos que están excluídos. No tícket, superior a 30€, deberán escribir no reverso o seu nome e apelidos, DNI e número de teléfono, con letra clara e lexíbel.
Os tíckets debidamente cubertos, deberán ser depositados na urna habilitada na entrada da Casa do Concello, dende o 11 de decembro de 2023 ata o 11 de xaneiro de 2024. Poderá ser válida a participación da mesma persoa en tantos tíckets
como compras realice cumprindo estas bases.
A campaña finaliza co sorteo dos premiados ou premiadas o 17 de xaneiro de 2024
ás 12 horas na Capela da Madanela ante o secretario municipal do Concello ou
funcionario municipal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email