Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa convirtese este sábado na capital do judo

O pavillón do Viso en Arzúa será este sábado o escenario dunha auténtica festa do judo, acollendo a 350 judocas de toda a comarca de Santiago na XI Gala de Judo Batsugun, organizada polo Compostela Judo Club. Esta reunión, que comezará ás 10 da mañá e contará con tres quendas ao longo do día, promete ser un evento espectacular que celebrará o final da tempada de judo con subidas de cinturón e o peche de campaña.

Compromiso Coa Promoción do Deporte

«Continuamos co noso compromiso de potenciar o deporte como alternativa de ocio. Aumentar a oferta deportiva e os eventos deportivos é a mellor maneira que temos de amosar que o deporte é un estilo de vida saudable e unha alternativa de lecer divertida, para todas as idades e públicos,» subliñaba Xoán Xesús Carril, Alcalde de Arzúa.
Unha cita imprescindíbel para os judocas e as judocas galegas
A Gala de Judo Batsugun non só reúne as e  aos mellores judocas da comarca, senón que tamén serve como unha plataforma para que os deportistas e as deportsitas amosen o mellor de si mesmos na loita polo ansiado cinturón. O evento promete ser unha xornada chea de emoción, técnica e compañeirismo, onde os familiares, profesores e colaboradores poderán disfrutar do talento e a dedicación destes deportistas.

O sábado, o pavillón do Viso será un verdadeiro templo do judo, celebrando non só o deporte, senón tamén os valores de disciplina, respecto e superación que este arte marcial promove.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email