Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arrancan en Arzúa os Obradoiros Urbanos Olimpiarte

Tres quendas semanais achegarán ás crianzas á historia dos xogos olímpicos, fomentando a empatía, a igualdade, a inclusión e a cooperación

Arzúa, 2 de xullo. Os obradoiros urbanos Olimpiarte arrincaron onte, 1 de xullo, en Arzúa combinando o coñecemento dos deportes olímpicos coa importancia do dereito ao lecer, a igualdade e a inclusión para todas as crianzas. Esta iniciativa, organizada conxuntamente polas concellerías de Igualdade, Deporte e Infancia, xurdiu despois de que moitas familias demandasen espazos de conciliación no mes de xullo, algo que o programa Xogarzúa non conseguía cubrir completamente.

 

O obxectivo dos campamentos Olimpiarte é facer de Arzúa un Concello pensado para todo tipo de familias, escoitando e adaptando as políticas municipais ás demandas da veciñanza. O alcalde, Xoán Xesús Carril, comentou: «Queremos que Arzúa sexa un Concello pensado para as familias. Para todo tipo de familias. E iso pasa por escoitar e adaptar as políticas municipais ás demandas da veciñanza. Tras coñecer o alto número de familias do concello que precisaban de espazos de conciliación no mes de xullo e que non conseguíamos chegar a todas elas co programa Xogarzúa, desenvolvemos estes campamentos entre as Concellerías de Igualdade, Deporte e Infancia ao entender que compartimos unha serie de políticas transversais e común: a educación no respecto, na igualdade e no dereito ao lecer e o descanso de todas as arzuáns e arzuás.»

Os campamentos desenvolveranse en tres quendas dunha semana cada unha, cun horario de 10:00 a 14:00 horas. As crianzas participantes poderán coñecer a historia dos xogos olímpicos, as olimpíadas de verán, de inverno e as paralímpicas. Nestas últimas, a través do xogo e cambios de roles, preténdese que as crianzas empatizen con aquelas persoas que no seu día a día conviven con algunha discapacidade física, poñendo en valor a súa resiliencia e capacidade de superación.

Arrancan en Arzúa os Obradoiros Urbanos Olimpiarte

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email