Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Aberto o prazo de inscrición no programa de conciliación Xogarzúa 2024

Venres 10 de maio de 2024- O Concellaría de igualdade do Concello de Arzúa organiza o Programa de Conciliación XOGARZÚA 2024, que supón unha alternativa de lecer para as crianzas cunha dobre finalidade: permitir a conciliación familiar, laboral e persoal das familias e ofertar un espazo lúdico e de aprendizaxe para as crianzas. A poboación destinataria do “PROGRAMA DE CONCILIACIÓN: XOGARZÚA 2024” son as crianzas nadas entre 2020 (escolarizados) e 2012 (que cursen ou acaben de cursar educación primaria), ambos inclusive.

Aberto o prazo de inscrición no programa de conciliación Xogarzúa 2024

A concelleira de Igualdade, Lucía López, quixo subliñar a importancia que para as nenas e nenos teñen este tipo de iniciativas : «Non queremos que o Xogarzúa sexa un espazo unicamente de coidado de nenas e nenos, por ese motivo desde o CIM e a Concellería traballamos man a man no contido das actividades que se levarán a cabo esas 11 semanas. Todas elas ensínanlle dun xeito transversal e ameno aos nenos e nenas temas sobre a importancia do ecoloxismo, igualdade e anticapacitismo, asegurando que as actividades sexan accesibles e inclusivas para todas e todos os participantes.”  

Este ano o programa ven con varias novidades entre as que destacan a ampliación da duración do programa e do horario. Neste edición se amplía de 9 a 11 semanas a prestación do servizo, que se desenvolverá desde o 25 de xuño ata 6 de setembro, e o programa contará cun horario ordinario de 10:00 a 14:00 e un horario extraordinario de 8:00 a 15:00 para aquelas familias que o precisen.

A ampliación era necesaria, pois os programas de conciliación teñen que adaptarse a realidade das familias. As arzuás cada vez máis dependemos do sector servizos para vivir, o que fai imposible que moitas familias poidan tomar descansos ou tempo para estar cos seus fillos e fillas no verán. E os datos amosan que se non realizamos este esforzo, serán principalmente as mulleres quen terán que renunciar ás súas carreiras profesionais para encargarse do coidado das nenas e nenos.  Xogarzúa quere garantir iso, que ningunha familia teña que renunciar a un traballo, ni ningunha traballadora ou traballador a poder ter fillas e fillos. E sobre todo que ningún arzuá ou arzuá teña que marchar da nosa vila por motivos de este tipo.” Destacou a concelleira, Lucía López.

Este verán as familias optarán a máis prazas nas primeiras quendas que, polo xeral, son as que máis demanda teñen, e poderán tamén escoller por semanas a súa participación no programa, que este ano desenvolverase nas instalacións do CEIP de Arzúa.

O prezo de cada quenda será de 10 euros máis IVE, incluíndo novas bonificacións como ás que xa se lles viña aplicando ás familias numerosas. Nesta edición tamén poderán acceder a bonificacións do 50% as familias monoparentais, as familias encabezadas por mulleres vítimas de violencia de xénero ou familias nas que existan outras cargas relacionadas cos coidados.

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días naturais, contados desde o seguinte ao do anuncio da convocatoria e publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do concello.

Calquera dúbida poden consultar ao Centro de Información ás Mulleres no teléfono 981 501 101 ou ben no correo cim@concellodearzua.com

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email