Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

A Concellería de Igualdade impulsa o punto violeta na Festa do Queixo 2024

Arzúa 23 de febreiro de 2024. A próxima fin de semana Arzúa celebrará a súa festa grande, “A Festa do Queixo “ Dende a Concellaría de Igualdade que dirixe Lucía López Sobrado, “queremos implicar á toda a poboación na loita contra as violencia machistas e lgtbifóbicas e extender de forma masiva a información necesaria para saber como actuar ante un caso de violencia. Queremos unha Festa do Queixo libre de conductas que poidan lixar o bon desenvolvemento do que ten que ser un acontecemento de convivencia, dicertimento san e de intercambio de experiencias” explicou a concelleira nacionalista.

Para evitar estas actitudes a Concellería de Igualdade co apoio do Centro de Información ás Mulleres de Arzúa apostou por situar no Recinto “Terra do Queixo” un Punto Violeta aberto o sábado dende ás 21:30 ata ás 2:30, atendido por personal especializado contará tamén cunha rede de apoio que derivará a este espazo a aquelas persoas que vivan unha situación de acoso ou agresión.

“Todas e todos aqueles que esteñades interesados en formar parte desta rede podedes inscribiros no enlace dispoñible no perfil @cimarzua, recibirán unha formación previa para poder facer frente a situacions que poidan ter lugar” sinalou Adrián Gonçalves Técnico de Igualdade do CIM.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email