CRUZ VERMELLA ARZÚA
Marzo 2014- Curso PPAA
A asemblea de Cruz Vermella informa que no mes de marzo e abril vaise realizar un Curso de Primeiros Auxilios de 40 horas en Arzúa. As datas nas que se celebrará dito curso serán os sábados 22, 29 de marzo, 5, 12 e 26 de abril. As persoas interesadas poden dirixirse á oficina da Cruz Vermella sita no edificio María Mariño na rúa Padre Pardo 33 1º (edificio da radio local ) de 9:30 a 13:30 da mañá de luns a venres.
Para todos aqueles que están no paro o curso terá un desconto do 10% do importe total. Para máis información chamar ao teléfono 981 500 589 ou no enderezo electrónico arzua@cruzroja.es