O Concello de Arzúa informa que o vindeiro luns 17 de xuño realizaranse as probas de ingreso a estudos oficiais de música no Conservatorio Profesional de Música de Arzúa. Esta proba de actitude musical non precisa dunha inscrición previa e realizarase nunha convocatoria única o día 17 ás 18:00 horas da tarde na Casa da Cultura. A idade mínima esixida é ter cumpridos os oito anos antes do 31 de decembro de 2013.
Os interesados non teñen que achegar ningún tipo de instrumento musical nin preparar específicamente a probra xa que se trata dun pequeno test de identificación sonora ou rítmica.
Realizar a proba de actitude non obriga a ter que matricularse no conservatorio; unha vez aberto o prazo e matrícula (no mes de setembro) aqueles interesados que realizaron a proba de acceso poderán formalizar a matrícula ou deixar de facelo.
O conservatorio de Arzúa oferta as seguintes especialidades: Violín, Viola, Violonchelo, Contrabaixo, Clarinete, Frauta, Saxofón, Trompeta, Trombón, Trompa, Tuba, Percusión, Piano e Guitarra.
Os interesados en comezar estudos de música na Escola Municipal de Música (estudos non oficiais) non terán que realizar a proba de actitude de xuño, tan so terán que formalizar directamente a matrícula no mes de setembro.