O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa leva desenvolvendo durante tres venres de abril o ciclo de cine Libros de película para celebrar o mes por excelencia do libro e da lectura.
As proxeccións que se están desenvolvendo ás sete e media da tarde no telecentro de Arzúa son de películas inspiradas en obras literarias.
El niño con el pijama de rayas foi o filme escollido para abrir o ciclo e a este seguiulle El Código da Vinci e xa para rematar o certame, este venres día 26 de abril proxectarase a película Charlie y la fábrica de chocolate ás 19:30h.
Ao final da proxección haberá reparto de agasallos entre todos os asistentes.