O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza, en colaboración coa Banda de Música de Arzúa, un Festival de Bandas para o sábado 15 de setembro.
O certame, que dende o Concello se quere impulsar dada a afección que a este tipo de agrupacións musicais hai na nosa comarca, contará coa actuación da Banda de Música Vila de Cedeira, Banda de Música Santiago de Arteixo e Banda de Música de Arzúa.
O recital dará comeza ás seis da tarde na Praza de Galiza ou, en caso de mal tempo, no Recinto Feiral «Terra do Queixo» (edificio multiusos).