O primeiro centro era de 1975, e foi derrubado para facer o actual, inaugurado en 1992.
O centro organízase en tres edificios onde se distribúen o comedor e aula de psicomotricidade, o salón de actos e ximnasio, sala de audiovisuais e de informática, ademais das aulas e oficinas.
Como espazos exteriores teñen a zona de infantil, con area, parque e fonte, as pistas deportivas e un pavillón aberto por dous dos seus lados.
- Enderezo: Rúa Baltasar Pardal
- Teléfono: 981 500 291 - Fax: 981 500 291
- Web: CEIP de Arzúa