No caso de que as fincas que lindan cunha construción da túa propiedade se atopen en estado de abandono co conseguinte risco de incendio ou danos para a túa propiedade seguíranse os seguintes trámites:
- Presentar unha solicitude no rexistro do Concello, aportando os datos do propietario da finca en grave estado de abandono.
- A policía local procederá á comprobación da veracidade dos datos aportados e emitirá un informe sobre o mesmo.
- Dende a Concellería de Medio Ambiente requirirase ao propietario para que proceda á limpeza da finca en cuestión.