Entre as principais funcións dos axentes da policía local están as seguintes:
- Auxiliar e protexer as persoas e bens.
- Velar polo cumprimento das normas.
- Ordenar, sinalizar, regular e dirixir o tráfico no casco urbano de acordo co establecido nas normas de circulación.
- Instruír atestados por accidentes de circulación.
- Protexer as autoridades da Corporación local e vixiar ou custodiar os seus edificios e instalacións.
- Policía administrativa no relativo ás ordenanzas, bandos e demais disposicións municipais dentro do ámbito da súa competencia.
- Prestar auxilio nos casos de accidente, catástrofe ou calamidade pública na execución dos plans de Protección civil.
- Efectuar dilixencias de prevención e actuacións tendentes a evitar a comisión de actos delictivos.
- Vixiar os espacios públicos e colaborar coas forzas de seguridade do Estado.