FUNCIÓNS URBANISMO:
– Información e asesoramento aos particulares.
– Tramitación de licenzas urbanísticas ( maiores, menores, aperturas…)
– Xestión do solo municipal.
– Redacción e execucións de proxectos de obras (alumado público, traídas de auga, saneamento, urbanización de rúas, mellora de núcleos rurais…)
– Restauración da legalidade, expedientes sancionadores…
Algunhas das actuacións máis importantes levadas a cabo nesta área durante estes últimos anos son:
– Reurbanización de moitas das rúas da vila: Alcalde Xoán Vidal, rúa do Castro, rúa Baltasar Pardal, Travesía Lugo-Santiago.
– A construción e restauración de dezaoito locais sociais nas parroquias de Arzúa.
– Rehabilitación da Casa de Beatriz, edificio María Mariño…
– Novas instalacións da Biblioteca Rosalía de Castro, Local de Ensaio e Telecentro.
– Aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (Orde do 6 de outubro de 2008)
PXOM:
Ter aprobado o Plan Xeral Ordenación Municipal é fundamental para o noso Concello xa que a través del:- Clasifícase o solo para o establecemento do réxime xurídico correspondente.
– Defínense os elementos fundamentais da estrutura xeral adoptada para a ordenación urbanística do territorio.
– Establécense as determinacións orientadas a promover o seu desenvolvemento e execución.
– Garántese a coherencia interna das determinacións urbanísticas.
– A viabilidade técnica e económica da ordenación proposta.
– A proporcionalidade entre o volume edificable e os espazos libres públicos de cada ámbito de ordenación.
FUNCIÓNS OBRAS E SERVIZOS:
– Mantemento de estradas e vías de comunicación tanto no que se refire ao seu firme como aos desbroces de cunetas e masas comúns.
– Tamén ten cabida nesta concellaría o mantemento de servizos como: depuradora municipal, alumeado público, mobiliario urbano, xardíns, saneamento…