- Travesía da feira s/n
- Consultar
- 981 500 222
- cultura@concellodearzua.com
- Dispoñibilidade de cadeiras, cadeiras con pa, mesas, megafonía e canón de proxección.
Ao carón da praza do Mercado, o edificio multiusos Terra do Queixo ofrece múltiples espazos, onde se realiza o mercado os días 8 e 22 de cada mes, ademais de outras actividades.
Servizos:
É o espazo máis amplo do recinto capaz de acoller os seguintes eventos:
Feiras mensuais os días 8 e 22
Feira Ecolóxica
Xuntanza dos nosos maiores
Cabalgata de Reis
Desfile de Entroido
Feira Arzúa Vende
Diversas actuacións e actividades culturais e deportivas
Pódese solicitar o seu uso contactando previamente co Departamento de Cultura, sempre e cando a solicitude a realice unha entidade sen ánimo de lucro.
Servizos:
A aula serve como local para curos e obradoiros para diversas asociacións.
Pódese solicitar o seu uso contactando previamente co Departamento de Cultura, sempre e cando a solicitude a realice unha entidade sen ánimo de lucro.
Servizos:
A aula acolle as sesións de ximnasia organizadas pola Concellería de Deportes do Concello e as sesións do Obradoiro Municipal de Danza do Departamento de Cultura. Tamén serve como local para cursos e obradoiros para diversas asociacións, así como para actividades culturais organizadas polo Concello de Arzúa.
No verán o C.I.M organiza nesta aula a ludoteca do programa Concilia con Xogarzúa.
Pódese solicitar o seu uso contactando previamente co Departamento de Cultura, sempre e cando a solicitude a realice unha entidade sen ánimo de lucro.
Servizos:
A aula acolle as sesións de ioga organizadas pola Concellería de Deportes do Concello e serve como local para curos e obradoiros para diversas asociacións.
Pódese solicitar o seu uso contactando previamente co Departamento de Cultura, sempre e cando a solicitude a realice unha entidade sen ánimo de lucro.
Servizos:
Ao longo do ano acolle diversos cursos de cociña organizados polo Concello de Arzúa e por diversas asociacións culturais.
Pódese solicitar o seu uso contactando previamente co Departamento de Cultura, sempre e cando a solicitude a realice unha entidade sen ánimo de lucro.