Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa despide a programación virtual de maio coa actividade «Arte sen saír da casa».

 

Cristina Carballedo ofreceranos unha actividade con numerosas opcións online de espazos culturais e artistas galegos.

 

Arzúa, 28 de maio de 2020.  O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa clausura este sábado a programación na que durante este mes de maio conmemorou as Letras Galegas con diversas actividades virtuais a través das redes sociais.

Despois de desfrutar das catro actividades realizadas os últimos sábados de maio e que contaron con cociña en directo, serie de animación infantil, música e unha homenaxe a Ricardo Carvalho Calero; este sábado, 30 de maio, poñerase o broche de ouro coa actividade “Arte sen saír da casa”.

Cristina Carballedo, de Sumarte Proxecto Expositivo, será a encargada de guiarnos por numerosas opcións virtuais que nos ofrecen espazos culturais, tanto públicos como privados, así como tamén numerosos artistas empregando unha vez máis as redes sociais como unha estupenda ventá para amosar a historia dos edificios, as coleccións permanentes e temporais e numerosas actividades para público infantil e adulto.

Cristina Carballedo Penelas é licenciada en Xeografía e Historia nas especialidades de Museoloxía e Arte, Xeografía e Historia de Galicia. Conta tamén co Certificado de Aptitude Pedagóxica e outra formación destacando a de Experto universitario en Interpretación e xestión de paisaxes culturais para o turismo e o desenvolvemento local e Guia de turismo especializada de Galicia. Cristina leva varios anos comisariando e coordinando diversas exposicións individuais e colectivas organizadas polo Departamento de Cultura como “Bo Camiño” e “Arte na rúa”.

Esta actividade comezará ás 19:00h e emitirase en estrea na páxina de Facebook Cultura Concello de Arzúa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email