Benvidos a un verán de saúde e diversión
Cruz Vermella xa ten en marcha a campaña de “Este verán quérete moito”, unha campaña dirixida á poboación en xeral e aos máis novos en particular, para que as zonas de recreo sexan un lugar máis seguro para divertirse sen ter ningún contratempo e onde ademais se protexa ao medioambiente.
Calquera de nós pode aprender con estes consellos como evitar os accidentes de verán ou como actuar si xa ocorreron. As recomendacións céntranse nos riscos do sol, da auga, das lesións causadas polos animais mariños e a protección do medio ambiente.
A campaña conta con folletos, e cunha páxina web así como un vídeo no que distintas persoas coñecidas lembran as claves preventivas desta campaña.
Máis información no seguinte enlace:
https://www.cruzroja.es/prevencion/index-verano.html