Os Servizos Sociais do Concello de Arzúa INFORMAN que un ano máis o IMSERSO pon en marcha o PROGRAMA DE TURISMO PARA MAIORES para a tempada 2016/2017.
Requisitos:
* Ser maior de 65 anos.
* Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións.
* Ser pensionistas de viudedade con idade igual ou superior a 55 anos.
* Pensionistas por outros conceptos, ou perceptores de prestacións ou subsidios de desemprego con 60 anos cumpridos.
* Si o solicitante viaxa con seu cónxuxe non é preciso que éste reúna os requisitos de idade ou pensión.
Os que na tempada pasada estaban acreditados para viaxar, non deberán facer nova solicitude.
Para máis información e para tramitar a súa solicitude, poden pasar polos Servizos Sociais do Concello de Arzúa, antes do día 15 de xuño de 2016.