Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

«OS CAMIÑOS DAS MÚSICAS GALEGAS» EN ARZÚA

"OS CAMIÑOS DAS MÚSICAS GALEGAS" EN ARZÚA

A proposta forma parte da programación da Xunta de Galicia incluída no marco da celebración do Xacobeo 21-22.

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que este xoves, 3 de xuño, fai parada na nosa vila a peregrinación musical que La Duendeneta fai durante 20 días levando as músicas en galego dende O Cebreiro ata Santiago e dende Tui a Pontedeume.
A proposta, enmarcada na programación do Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia, trátase dunha sesión musical de tarde e comentada por Carlos Crespo, para explicar a peregrinos e paisanos o moito que pasou e o moito que está a pasar na música en galego dende Andrés do Barro ata Baiuca ou dende Fuxan os Ventos a Tanxugueiras incluíndo todos os xéneros: pop, rock, folk, canción de autor, hip hop, tradicional, electrónica, blues, etc.
La Duendeneta é unha orixinal discoteca móbil vintage habilitada nunha furgoneta Avia de 1974, dotada co último en tecnoloxía profesional de son e iluminación. Unha “music-truck” ben coñecida en Galicia que xa leva 7 anos participando nos festivais máis punteiros.
A sesión será levada a cabo por Carlos Crespo, xornalista cunha experiencia de máis de 20 anos na difusión da cultura dende La Voz de Galicia e Radio Nacional de España, e que exercerá de Dj en directo.
Esta actividade comezará ás 19:30h na Praza de Galiza e a entrada será libre ata completar aforo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email