Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Programa de excursións ‘Coñece o teu País’ 2016

PREGO CLAUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES

PREGO DE PRESCRICIÓNS TECNICAS

ANUNCIO BOP Nº 97 DE 24 DE MAIO DE 2016

ANUNCIO DOGA 99 de 26 de maio de 2016

Prazo de presentacion ofertas dende o día 27 de maio ao 10 de xuño de 2016 (ambos inclusive)
A Pobra 2015 (1)

O programa de excursións Coñece o teu país voltará a ser este verán a opción escollida por numerosos veciños e veciñas de Arzúa para desprazarse polo noso país na procura dos recunchos máis fermosos. Será posible grazas ao  Departamento de Cultura do Concello de Arzúa, que tivo en conta a boa acollida que tiveron as viaxes programadas dende a Concellaría nas pasadas edicións, para darlle continuidade a un programa lúdico no que se programan novas visitas a diferentes lugares da xeografía galega ao longo dos meses estivais, de xuño a setembro.

Así, de maneira totalmente gratuíta, os veciños e veciñas poderán realizar catro novas excursións ás catro provincias galegas.

Sábado, día 25 de xuño: Saída ao municipio de Cee. Nesta xornada poderase coñecer máis de preto o Museo Fernando Blanco, o seu xardín botánico e, se o tempo o permite, algún dos seus areais, entre outros recunchos turísticos da zona.

Sábado, 30 de xullo: Nesta ocasión o destino elexido será Foz para visitar a Basílica de San Martiño, o castro mariño de Fazouro e a praia da Rapadoira.

Sábado, 27 de agosto: Excursión ao concello de Nigrán, na provincia de Pontevedra.

Sábado, 24 de setembro: Realizarase unha saída ao Santuario dos Milagros no concello ourensán de Baños de Molgas.

Segundo se indica dende o Departamento de Cultura, todas as persoas interesadas en participar no programa deben achegarse persoalmente ao Departamento de Cultura, podendo anotar como máximo a un acompañante por cada solicitante. As prazas dispoñibles iranse cubrindo por orde de inscrición, sendo as mesmas limitadas.

Todas aquelas persoas que desexen apuntarse á primeira viaxe organizada para o vindeiro 25 de xuño a Cee, poden facelo a partir do  luns, 13 de xuño, no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa entre as 8:30 e as 14:30 horas.

Lembren que a oficina do Departamento de Cultura está situada no Edificio Sociocultural María Mariño, na rúa Padre Pardo nº 33, no 1º andar (ao carón de Radio Arzúa).

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia