Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

XUVENTUDE PROMETE

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha XUVENTUDE PROMETE, programa que promove e estimula o emprendemento e o autoemprego nos mozos e mozas de 14 a 18 anos.
Créase, a partir deste proxecto piloto, un programa de estadías emprendedoras (living lab) no que a persoa, a través de escenarios reais e cunha innovación aberta e creativa, atopa nese escenario vías de creación, validación e perfeccionamento para axudarlles a deseñar o seu futuro.

En resumo, a finalidade desta convocatoria é promover e estimular o espíritu emprendedor xa dende o inicio da adolescencia, a través de novos métodos educativos de autoestima baseados en «aprender facendo».

Existen dúas modalidades de participación:
* INDIVIDUAL: dirixida á persoa comprendida entre os 14 e 18 anos de idade.
* CENTROS ESCOLARES: dirixida ao alumnado de ESO, bacharelato e ciclo medio, co mesmo límite de idades e ata un máximo de 8 prazas por centro.

Prazo de inscrición comeza o xoves 15 de xaneiro ás 10:00 horas, e remata o luns 19 de febreiro, ás 14:00 horas.
As quendas son de 3 días nos meses de febreiro e marzo.
A cota de participación é:
* Sen carné xove: 50 euros.
* Con carné xove: 25 euros.
Na modalidade aberta a centros educativos inclúese de balde, a praza de docente acompañante.

AS PRAZAS ADXUDICARANSE POR RIGOROSA ORDE DE RECEPCIÓN DAS SOLICITUDES.

PARA MÁIS INFORMACIÓN EN www.xuventude.net

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email