Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

VI Ciclo de Teatro no Outono de Arzúa

VI Ciclo de Teatro no Outono de Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza o Ciclo de Teatro no Outono que xa vai pola súa sexta edición e que comeza este domingo día 21 de outubro no local social da parroquia de Boente.

O grupo de teatro Artestudio será o encargado de comezar o ciclo de teatro deste ano coa representación da obra Feirantes, unha adaptación do texto de Outros Feirantes de Álvaro Cunqueiro coa que se achega a nosa tradición oral dun xeito distinto e divertido.

A seguinte actuación teatral será no local social de Burres o domingo 28 de outubro a cargo da compañía Dínamo Teatro que poñerán en escea Radio Torreiro, unha divertida parodia das costumes e tradicións das festas da nosa terra protagonizada polo coñecido humorista Pedro Brandariz e por Felipe Díaz “Caxoto”.

O VI Ciclo de Teatro no Outuono continuará no mes de novembro con dúas representacións máis, neste caso na Casa da Cultura de Arzúa, a cargo dos grupos Ti e Máis Eu Teatro cunha obra infantil o sábado 3 e da Aula de Teatro Municipal Ánxel Casal poñendo o broche de ouro o domingo 11. Todas as actuacións serán ás seis da tarde.

A Concelleira de Cultura, Natalia Pereira Rei, convida a todos os veciños e veciñas a participar “porque o ciclo de teatro é unha forte aposta do Concello de Arzúa por manter viva a vida cultural tamén no outono tanto na vila coma nas parroquias” e considérao “unha boa alternativa de ocio e lecer para pasar un bo rato con todos os veciños e veciñas”.

Domingo 21 Outubro

ARTESTUDIO TEATRO «Feirantes»

18:00 · L. Social de Boente

Domingo 28 Outubro

DÍNAMO TEATRO «Radio Torreiro»

18:00 · L. Social de Burres

Sábado 3 Novembro

TI E MÁIS EU TEATRO «A bruxa do Magosto» (infantil)

18:00 · Casa da Cultura

Domingo11 Novembro

AULA DE TEATRO ÁNXEL CASAL «O estrano velorio»

18:00 · Casa da Cultura

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email