Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Venres día 4: Contacontos e exposición no «Mes das Letras»

Venres día 4: Contacontos e exposición no "Mes das Letras"

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para o venres día 4 de maio as primeiras actividades encadradas dentro da programación cultural do mes de maio.

O programa que leva o nome de Mes das Letras prepara para para hoxe un contacontos a cargo do lalinense Celso Fernández Sanmartín en colaboración coa Biblioteca Municipal Rosalía de Castro ás seis e media da tarde para todos os públicos.

Un pouco máis tarde, na Capela da Madanela, levarase a cabo a inauguración da exposición colectiva Meigarte que contará cunha actuación musical e con pinchos para os asistentes. Será a partires das oito da tarde.

VENRES DÍA 4 DE MAIO

  • CONTACONTOS: Celso Fernández Sanmartín na Biblioteca ás 18:30 (para todos os públicos, especialmente dirixido a nenos e nenas)
  • EXPOSICIÓN: inauguración da mostra Meigarte na Capela da Madanela ás 20:00 (con música en directo e pinchos)
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email