O vindeiro MARTES e MERCORES día 23 e 24 de xullo de 2019, desprazarase ata o campo da feira do Concello de Arzúa, unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia para levar a cabo unha campaña de doazón de sangue.
O seu horario é de 10:00 ás 21:00 horas,
Agradecemos a túa doazón e animamos a todos e a todas para que colaboredes nesta campaña.
O TEU SANGUE É VIDA. COMPÁRTEA.
Achégate coa Tarxeta de Doador, DNI ou documento similar.