Os Museos da identidade, son a Tenda-Museo do Coiro (Guarnicionería Hnos. Gómez), Museo etnográfico A Paínza, Centro de divulgación do Queixo e Mel e o Museo vivento do mel (O enredo do Abelleiro).
Todos eles son mostras representativas do que nun tempo significou e significa, o modo de vida e a economía desta zona, claramente ligada ao Camiño de Santiago.
Fábrica e tenda de obxectos confeccionados en coiro, que ademais funciona como un pequeno museo.
Inaugurose como museo en decembro de 2002. – hermanosgomez.com –
Ubicado na casa principal, no conxunto de turismo rural A Painza, de vivendas en antigas casas de caseiros, construídas en 1780. Iniciou a súa actividade no ano 2001.
– apainza.com –
O centro naceu co fin de potenciar e poñer en valor dous productos de especial sensibilización da zona o queixo e o mel.
Pódense realizar dúas visitas: interior e exterior. No interior atopámonos na entrada a tenda de produtos alimenticios e cosmética. Seguindo hai unha galería fotográfica que mostra a vida e experiencia das abellas. A elaboración do mel pasa por tres fases que se ven nas salas de extracción, decantación e envasado. Dispón ademáis de laboratorio e unha aula para conferencias. No exterior vense dous apiarios un moderno e outro antigo. Tamén teñen unha pequena edificación con instrumentos de apicultura de antano así como a evolución deste oficio ata os nosos días.
Museo fundado en 1994. Realízanse obradoiros de apicultura, velas e envasado para grupos, previo contacto.
– abelleiro.com –