Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

A compañía dos camiños

Índice de Contidos

Arzúa acolle a principal ruta de peregrinación xacobea, o chamado Camiño Francés que cruza as terras do concello de leste a oeste.

Arzúa é a décimo terceira parada do Camiño Francés e a derradeira gran vila do Camiño antes de chegarmos a Santiago de Compostela.

A camiñada suma dezaseis quilómetros desde a entrada da ruta xacobea por Boente e a súa saída na Calzada.

Ademais deste camiño principal, un segundo itinerario, o denominado Camiño do Norte, cruza as parroquias máis setentrionais de Arzúa e empata co Camiño Francés.

Camiño de Santiago

camiño de Santiago por Arzúa

Arzúa é a décimo terceira parada do Camiño, a derradeira pausa antes de chegar a Santiago cun percorrido de 16 quilómetros dende Boente a A Calzada.

O Camiño Francés a Compostela cruza o concello de leste a oeste. Entra en Arzúa pola parroquia de Boente, onde nos recibe a Fonte da Saleta e segue na parroquia de A Castañeda, que xa se recollía no Códice Calixtino baixo a denominación de Castaniolla. O documento xacobeo destaca que neste lugar se atopaban os fornos para o cal empregado na construción da catedral compostelá. Eran os propios peregrinos os que, como un xeito de penitencia, levaban ata Castañeda a pedra caliza que eles mesmos recollían á altura de Triacastela.

Logo de pasar Castañeda, o Camiño de Santiago conduce o peregrino en dirección ao río Iso e, cruzando a ponte medieval, chégase a Ribadiso, o lugar no que se atopa un dos albergues cos que conta o concello.

O albergue de Ribadiso inaugurouse en 1993 e é o froito da rehabilitación do antigo hospital de peregrinos de Ribadiso onde durante séculos un hospitaleiro atendía con toda caridade ós camiñantes, segundo un documento do ano 1523.

Outro caso idéntico é o do albergue que se atopa na vila de Arzúa, a carón da capela da Madalena e construído no que foi, no século XV, o hospital de peregrinos do convento dos frades agostiños.

Albergue de Peregrinos de Ribadiso de Baixo

Está distribuído en tres vivendas e ten un total de 70 prazas das que 62 son de liteira e 8 están preparadas para persoas con discapacidade física.

Ribadiso de Baixo S/N

Albergue de Arzúa

Ten un total de 46 prazas, 15 de liteira e 2 prazas habilitadas para persoas con deficiencias físicas.

Cima do Lugar , S/N

Ademáis destes albergues públicos pódense atopar moitos outros albergues privados, hostales, pensións e hoteles para dormir en Arzúa si estás a facer o camiño de Santiago.

Ruta encoro de Portodemouros

ruta encoro de Portodemouros

A Ruta (en trámite de homologación) percorre o Concello de Arzúa, de Sur a Norte, enlazando co Concello de Touro ó inicio, co Camiño Francés de Santiago nun punto intermedio, e co Camiño do Norte a Santiago na parte final.

Denominouse Ruta do Encoro de Portodemouros porque pasa xunto ó ramal de acceso á central hidroeléctrica, augas abaixo da presa, para posteriormente bordear o encoro ó longo de 5 km. ata chegar ó camiño de acceso á illa artificial orixinada por monte rodeado polas augas represadas.

A Ruta pódese dividir en dous grandes tramos:

  • Tramo Fervenza-Ribadiso, onde enlaza co Camiño Francés.
  • Tramo Ribadiso-A Paínza, onde enlaza co Camiño do Norte de Santiago.