Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Subministro dun vehículo industrial recolector-compactador

Xunta de Goberno Local – Suministración

Data de publicación en web: 30/12/2010

ANUNCIO DE APERTURA (SOBRES C) “SUBMINISTRO DUN VEHÍCULO INDUSTRIAL RECOLECTOR-COMPACTADOR”

De conformidade ao establecido na cláusula 14 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe esta contratación, anúnciase que o acto público de apertura da documentación contida nos SOBRES C subtitulados “documentación avaliable de forma automática por aplicación de fórmulas” das proposicións que presentaran as empresas interesadas en participar na contratación do subministro dun VEHÍCULO INDUSTRIAL RECOLECTOR-COMPACTADOR, mediante procedemento aberto, con multiplicidade de criterios de valoración; celebrarase ás 10.00 horas do día 15 de marzo no Salón de Plenos da Casa do Concello.

Data de publicación na web: 11-03-2011

Estado do procedemento: Adxudicacións definitivas

Tipo de contrato: procedemento aberto

Prezo licitación: 132.000 euros (IVE INCLUIDO)

Prazo execución: O prazo de entrega sera de 45 días a contar dende a sinatura do contrato.

Prazo de presentación de documentación: Quince días, a contar desde o día seguinte ao de publicación do anuncio no último dos boletíns en que apareza (BOP ou DOGA)

Publicación no Boletíns Oficiais:
BOP num 5, de data 10 de xaneiro de 2011 BOP (10/1/2011)
DOGA num 20, de data 31 de xaneiro de 2011 DOGA (10/1/2011)

Garantías e gastos aplicables: Definitiva: Por valor do 5% do importe de adxudicación, excluido o IVE.

Lugar e presentación da documentación: No Rexistro Xeral do Concello

Informe de adxudicación:

Adxudicación do contrato

  A Xunta de Goberno Local na súa sesión de data 08.04.2011 acordou a ADXUDICACIÓN do contrato de referencia a empresa LOUZAO VEHÍCULOS INDUSTRIALES, S.L., por importe de  131.865 € (IVE incluido).

A formalización do contrato efectuarase dentro dos quince días hábiles seguintes a aquel no que reciban a notificación da adxudicación os licitadores e candidatos.

Formalización do contrato:

En cumprimento do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a través do presente anuncio faise pública a formalización do seguinte contrato:

Tipo de contrato: Contrato de subministro

Denominación: ”Subministro dun vehículo industrial recolector-compactador.

Órgano de Contratación: Xunta de Goberno Local

Procedemento de adxudicación: procedemento aberto.

Orzamento de licitación: 132.000euros (IVE incluido)

Data de adxudicación: 8 de abril de 2011

Adxudicatario: LOUZAO VEHÍCULOS INDUSTRIALES CORUÑA, S.L.

Importe de adxudicación: 131.865 euros (111.750 euros, mais 20.115 euros en concepto de IVE ao 18%)

Data de formalización: 15 de abril de 2011.

Prazo de execución: A  entrega do vehículo realizarase no prazo de 45 días, a contar desde o día da sinatura do contrato.

Data publicación da adxudicación da formalización do contrato: 18.04.2011

Documentos relaciondos
– PREGO CLAUSULAS ADMINISTATIVAS E PRESCRICIONS TECNICAS (doc, 259,5 kb)

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email