Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Ribadiso renovará a súa imaxe grazas a un convenio que achegará a Arzúa 272.000 euros

Ribadiso renovará a súa imaxe grazas a un convenio que achegará a Arzúa 272.000 euros
O vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, desplazouse ata o lugar de Ribadiso para acompañar ao alcalde de Arzúa, José Luis García, na sinatura dun protocolo de colaboración que se materializará nun investimento de case 272.000 euros.

Este proxecto permitirá renovar a imaxe da aldea de Ribadiso, un dos principais referentes no Camiño Francés, que ten neste núcleo un dos albergues públicos máis emblemáticos.
O protocolo de colaboración irá destinado a renovar o pavimento do lugar, a dotalo dos servizos de recollida de pluviais, saneamento, abastecemento de auga, e á instalación do alumeado público.
No acto de sinatura do convenio de colaboración entre as dúas administracións, o Vicepresidente da Xunta ofreceu a súa “axuda para axilizar os trámites para a obra”, que, afirmou “había que facela”, ademais de pola singularidade do albergue, “para corresponder ao esforzó que fixeron os veciños e o Concello para que todo o que hai ao seu redor estivera á súa altura, e á da experiencia que é o Camiño”.
Pola súa parte, o alcalde de Arzúa, José Luis García, agradeceu ao vicepresidente da Xunta “a rápida atención que lle prestou á petición do Concello para executar unha obra moi agardada”.
Nas próximas datas comezará así unha actuación que atende unha vella demanda dos veciños do lugar, que fixeron un gran esforzo na rehabilitación das súas vivendas, e que constituíu unha loita permanente do actual goberno de Alternativa por Arzúa e PSdG-PSOE.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email