Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Relación de premiados no Concurso de Disfraces do Entroido 2017

 

Arzúa recibe o Entroido ateigando as súas rúas cun moi concurrido desfile de disfraces

 

Non puido comezar mellor o entroido en Arzúa, un domingo de sol radiante deu a benvida á festividade de Don Carnal cun Concurso e Desfile de Disfraces, que organizado dende o Departamento de Cultura, sacou a xente á rúa para desfurtar dun certame moi concurrido tanto de concursantes como de público. O Concello de Arzúa repartiu máis de dous mil euros entre os gañadores do concurso, repartidos en trece premios. Na modalidade de comparsas resultaron gañadores “As colmeas e as súas abellas”, que chegados de Vilasantar levaron o primeiro premio de 550 euros, “Os eléctricos” da asociación AMARAI e “Macrofesta Hippie” de Melide acadaron o segundo e o terceiro posto, dotados de 300 e 150 euros, respectivamente.

No apartado de grupos de entre dous e oito compoñentes, “Horas, minutos e segundos” de Santiago de Compostela alzouse co primeiro premio de 300 euros, “A Ghata Ruín da Prada” de Arzúa co segundo de 200 e “Lollipop” de Lugo co terceiro, dotado de 120 euros.

Os disfraces individuais tamén se premiaban con 100, 60 e 40 euros no apartado infantil e adulto. No primeiro resultou gañador o disfraz “Ondiñas veñen e van”, o segundo premio foi para “A todo gas” e o terceiro para a arzuá “A raíña do Entroido”. No que respecta aos disfraces adultos, os premiados foron “Reciclator”, “O entroido de sete cabezas” e “A máquina do sabor” que conseguiron o primeiro, segundo e terceiro posto, respectivamente.

Como novidade, este ano o Concello incluíu no certame un premio especial denominado “Simpatía” que ía dirixido a un grupo ou comparsa local que non resultara premiado nas categorías anteriores. A Asociación O Recuncho da Infancia de Arzúa fíxose con este galardón coa súa proposta “Ariar, toca reciclar”.

En total achegáronse a Arzúa preto de trescentos participantes tanto de Arzúa como doutros concellos tan dispares como Lugo, Santiago, Ordes, Cambados, Vilagarcía de Arousa ou Melide que fixeron desfrutar a un Recinto Feiral abarrotado de xente.

A programación do Entroido organizada polo Departamento de Cultura continúará o vindeiro mércores día 22 con animación de rúa durante a feira tradicional co espectáculo itinerante “O bosque encantado” a cargo da compañía Barafunda Animación.

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email