Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

proxecto redexiana2

O concello de ARZÚA participa no proxecto RedeXiana2 xunto con outros 90 concellos da provincia da Coruña.

O proxecto é promovido pola Deputación da Coruña e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O seu obxectivo consiste en diminuir os niveis de desemprego da provincia a través da mellora profesional das persoas desempregadas e o apoio ao autoemprego.

O proxecto inclúe un programa formativo que combina formación teórica con experiencia laboral en entidades e empresas da provincia de sectores económicos relacionados coa formación impartida.

Ademáis ofrece orientación laboral para a inserción das persoas desempregadas e apoio na procura activa de emprego a través da titorizacion e seguimento persoal permanente. Este acompañamento persoalizado canalízase tamén a través do asesoramento especializado a persoas emprendedoras para a posta en marcha da súa idea empresarial.

Poderán acceder ao proceso de selección para participar no proxecto, as persoas desempregadas que estén empadroadas no concello e que cumpran os requisitos de acceso.

As áreas formativas ás que poderán optar serán as correspondentes a:

  • obradoiros de emprego
  • habilidades sociais e comunicativas
  • responsabilidade social
  • apoio preparación para as probas de competencias clave
  • non discriminación e exclusión social
  • sensibilización ambiental
  • prevención de riscos laborais
  • manipulación de alimentos
  • medio ambiente na agricultura
  • conducción económica e eficiente
  • busca de emprego e novas tecnologías
  • comercialización e venda electrónica
  • productor de hortalizas ecolóxicas
  • actividades auxiliares en agricultura
  • horticultura e floricultura
  • xerente de empresas de economía social

que se desenvolverán nos concellos de Toques, Curtis, Arzúa, Boimorto , Vilasantar e Sobrado.

As persoas interesadas en recibir máis información poderán dirixirse á área da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Arzúa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email