Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Programación Primavera de Cultura (marzo-abril 2021)

Programación Primavera de Cultura (marzo-abril 2021)
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza unha programación de actividades para os meses de marzo, abril e maio baixo o título Primavera de Cultura.
Trátase dun programa de actividades gratuítas e para todos os públicos que conta con propostas infantís, unha exposición e a conmemoración do Día do Libro ao longo das próximas semanas.
A primeira proposta terá lugar durante a Semana Santa, os días 29, 30 e 31 de marzo e 1 e 5 de abril. O obradoiro “A Vila do Mañá” volta ao noso municipio despois do éxito da súa primeira edición celebrada no pasado mes de setembro no que participaron unha vintena de rapaces e rapazas. Trátase dun proxecto educativo e de divulgación no que a través do xogo e da arte se transforma o lugar que habitamos. O horario será de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 18:00h para idades de 6 a 14 anos. Para participar será necesario anotarse no teléfono 981500222 ou no correo cultura@concellodearzua.com entre o 15 e o 25 de marzo. As prazas son limitadas.
Por outra banda, do 16 ao 30 de abril a Biblioteca Rosalía de Castro acollerá unha Exposición de ilustración cunha colección de traballos de M.J. Plata. Para visitala poderase facer de luns a venres de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 e os sábados de 10:00 a 13:00h.
Durante o mes de abril conmemorarase con varias accións o Día do Libro que se celebra o venres 23. Ese mesmo día os centros escolares de Arzúa acollerán en horario lectivo un contacontos dirixido ao alumnado de 1º e 2º curso de Educación Primaria. A compañía Polo Correo do Vento representará tanto no CEIP de Arzúa como no Colexio Nsa. Sra. do Rosario o espectáculo “Mulleres Galegas. Xela Arias” que dá a coñecer a figura homenaxeada nas Letras Galegas deste ano a través dun contacontos ilustrado.
Por último, do 23 ao 30 de abril poñerase en marcha a campaña de animación á lectura e de apoio ás librarías da vila “Arzúa Conta”. Durante esos días con cada merca dun libro en calquera das librarías locais, entregarase un lote de agasallos ata agotar existencias.
Garantiranse todas as medidas de hixiene e protección fronte á Covid-19 durante as actividades.
A programación de Primavera de Cultura terá continuidade no mes de maio con actividades centradas especialmente na celebración das Letras Galegas.

PROGRAMACIÓN:
Días 29, 30 e 31 de marzo e 1 e 5 de abril. Obradoiro “A Vila do Mañá, Arzúa. Traballando na paisaxe”.
De 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 18:00h para idades de 6 a 14 anos.
*Inscricións no 981500222 ou no correo cultura@concellodearzua.com entre o 15 e o 25 de marzo. De balde. Prazas limitadas.

Do 16 ao 30 de abril. Exposición de ilustración de M.J. Plata Illustration.
Biblioteca P.M. Rosalía de Castro | Luns a venres de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 e sábados de 10:00 a 13:00h

Venres 23. Día do Libro: Contacontos ilustrado “Mulleres Galegas. Xela Arias” da compañía Polo Correo do Vento.
CEIP de Arzúa | 10:00h
Colexio Nsa. Sra. do Rosario | 12:00h

Do 23 ao 30 de abril. Campaña “Arzúa Conta”.
Campaña de animación á lectura e de apoio ás librarías da vila. Con cada merca dun libro, recibirás un lote de agasallos (ata fin de existencias).

• Programación con continuidade no mes de maio
• Garantiranse as medidas vixentes de hixiene e protección

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email