Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Programación Outubro na Aula CeMIT de Arzúa

Durante o presente mes de outubro van ter lugar os seguintes cursos gratuítos:

Cartaz-CeMIT-Arzua-Programacion-Outubro'14

FAITE DIXIT@L!. CONFIGURACIÓN DE DISPOSITIVOS E USO DE APLICACIÓNS MÓBILES. Con esta actividade os alumnos/as aprenderán o funcionamento e configuración dos teléfonos móbiles intelixentes (Smartphone) así como aplicacións que lle farán a súa vida máis sinxela. Este curso forma parte do proxecto «Faite Dixit@l!» levado a cabo pola AMTEGA que ten coma obxectivo a capacitación tecnolóxica da poboación como ferramenta de innovación social. Impártese por multivideoconferencia nas distintas aulas da Rede CeMIT de Galicia, entre elas, Arzúa.

Datas: do 6 ao 14 de outubro. Todos os días de luns a venres.

Horario: 16:00 ás 20:00 horas.


OFIMÁTICA NA NUBE. Os contidos que se tratarán no curso son o manexo das ferramentas na nube como Google Drive e OneDrive (Skydrive) que permiten a creación e edición de documentos desde calquera dispositivo con conexión a Internet.

Datas: do 6 ao 17 de outubro. Os luns, mércores e venres.

Horario: 20:00 ás 21:30 horas.


LIBREOFFICE CALC: FOLLA DE CÁLCULO. Durante este obradoiro as persoas asistentes aprenderán a manexar esta ferramenta ofimática, a alternativa do Excel, de software libre. Este programa sirve para a realización de cálculos matemáticos, crear e xestionar pequenas bases de datos, etc. o que nos permite levar un control dos gastos e ingresos de forma sinxela, xa sexa dunha casa ou da nosa empresa.

Datas: do 7 de outubro  ao 6 de novembro. Os martes e xoves.

Horario: 20:00 ás 21:30 horas.


FAITE DIXIT@L! PROGRAMACIÓN DE DISPOSITIVOS MÓBILES. Con esta actividade os alumnos/as aprenderán o funcionamento da plataforma Android e aprenderán como desenvolver unha sinxela aplicación para dispositivos móbiles. Este curso forma parte do proxecto «Faite Dixit@l!» levado a cabo pola AMTEGA que ten coma obxectivo a capacitación tecnolóxica da poboación como ferramenta de innovación social. Impártese por multivideoconferencia nas distintas aulas da Rede CeMIT de Galicia, entre elas, Arzúa.

Datas: do 15 ao 28 de outubro. Todos os días de luns a venres.

Horario: 16:00 ás 20:00 horas.


MANEXA O TEU SMARTPHONE. As persoas asistentes aprenderán as funcións básicas do teléfono así como o funcionamento das aplicacións máis habituais.

Datas: o luns 20, mércores 22 e venres 24 de outubro. 

Horario: 20:00 ás 21:30 horas.


REDES SOCIAIS: COMEZA CO FACEBOOK. Os contidos deste curso serán o manexo do perfil en Facebook, facendo especial fincapé na xestión da privacidade e nas posibilidades desta ferramenta.

Datas: do 27 de outubro ao 7 de novembro.

Horario: 20:00 ás 21:30 horas.


 

Para incribirse pódese seguir calquera destas alternativas:

  • Achegándose a Aula CeMIT de Arzúa sita na Rúa Lugo s/n (ao carón do Xulgado) en horario de tarde das 16:30 ás 21:30 horas.
  • A través da web: cemit.xunta.es e usando os datos de acceso (usuario e contrasinal) ao ordenador da aula para solicitar a inscrición na actividade.
  • Por teléfono: 981 500 447.
  • Mediante correo electrónico á dirección cemit.arzua@xunta.es indicando os seus datos persoais.
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia